Fisiograma

Fisiograma feito con lan de aceiro e luces en Booyeembara Park, Perth, Australia
Cadro de paisaxe abstracta creado con pintura de luces
'Culvertising', fisiograma por Ian Hobson

Un fisiograma[1], popularmente coñecido como light painting[2], lightpainting[3] ou pintura de luz[4], é unha técnica creada en 1889, é o rexistro fotográfico da traxectoria dunha fonte luminosa en movemento nun ambiente con pouca luz. Existen dúas maneiras de realizar un fisiograma, cando tomamos unha fotografía do movemento dun feixe de luz coa cámara nun punto fixo, ou cando facemos movementos de cámara sobre un punto de luz fixa. As exposicións poden durar desde un segundo a varios minutos, dependendo das opcións da cámara fotográfica.

A técnica fotográfica consiste en mover unha fonte de luz mentres se fai unha fotografía de longa exposición, ben para iluminar un suxeito ou espazo, ou ben para iluminar a cámara para "debuxar", ou movendo a propia cámara durante a toma. A técnica úsase con fins científicos e artísticos, así como na fotografía comercial.

Light painting tamén se refire a unha técnica de creación de imaxes utilizando a luz directamente, como con LEDs nunha superficie proxectiva, utilizando o enfoque que un pintor fai dun lenzo.

Calquera fonte de luz é válida para facer un fisiograma e a apertura do diafragma e os valores de velocidade do obturador dependen da intensidade da fonte de luz. Pódese gravar un fisiograma capturando unha fonte de luz que pasa por diante do obxectivo da cámara, por exemplo o paso dos faros dun vehículo en movemento. Tamén podemos facer intencionadamente un fisiograma, creando unha fusión entre a arte da fotografía e a da pintura, empregando unha bombilla, como pincel ou movendo a cámara; Este último procedemento é como debuxar ao revés, en imaxe especular, é dicir, se movemos a cámara cara á esquerda, o movemento da luz rexístrase cara á dereita.

  1. "Termo 'Fisiograma' no dicionario Digalego da Xunta". 
  2. "Curso de light-painting". 
  3. "Entrevista a fotógrafo ferrolán de 'lightpainting'". 
  4. "Obra de Stephen Knapp que el chama "pinturas de luz"". 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne